Voy a hablar en mi caso desde Valladolid:
Vas a las 08:00h de la mañana para que a las 09:00h abran una de las comisarias y a las 09:05h se hayan acabado los turnos.
Preguntando preguntando me informan de que de media se tarda para renovar a DNI-e unos 20 minutos, cuando simplemente hay que pasar el índice derecho e izquierdo por el lector biométrico de huellas dactilares (por si acaso ahogas a alguien o disparas etc ya sabemos que con el índice y el pulgar se hace de todo "el pulgar ya lo deben de tener"), pegar una foto, firmar, escanearlo, imprimirlo, asociarle un clave al chip y fin, todo por usb y ordenadores dell nuevos.
En mi caso se tardó una hora porque el programa web alojado en: https://webpol.dgp.mir.es:25000/cabecera/ADDN03C1.html no funcionaba bien
Arousa Party
Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Do 1 ó 3 de Xuño
* Concursos de Xogos, entre eles Counter Strike, Need for Speed, Warcraft.
* Outros Concursos, modding, dance revolution, seguridade.
* Obradoiro de Modding a cargo de www.clanfutureworld.com.
* Conferencias sobre Sofware Libre, a cargo de
Mancomun.org e de GALpon.
A organización está aberta a outras posiblidades de xogos e demais, así que calquera suxerencia enviádenos un mail a info cos vosos datos e as explicacións dos concursos a celebrar.
Os que desexen instalar GNU/Linux nos seus ordenadores, aprender a instalalo ou símplemente coñecelo, pódense achegar polo Centro Sociocultural de Conxo o 3 de Maio a eso das 19:00.
Os que queirades levar o GNU/Linux posto no ordenador chega con que traiades a CPU. Se podedes facer unha copia de seguridade dos datos antes de vir, aforraremos tempo, senon farémola no propio sitio.
Instalaremos GNU/Linux Ubuntu Feisty Fawn, a última versión dunha das ditribucións máis prometedoras. Os que teñades preferencia por outras cores de GNU/Linux podedes vir e compartir con nós. Tamén vos podemos botar unha man coa instalación.
Para os que non saibades onde está o Centro Sociocultural, aquí tedes un mapa coa situación.
Vémonos en Conxo.
Programa V Xornadas GNU/Linux de Ordes
Xoves 5 de Abril
9:30 Presentación e entrega do material
10:00 Introducción ó software libre, Salvador Tabarés (Inestable)
12:00 O proxecto Trisquel: Presentación e funcionalidades
16:00 Procesando e mezclando video en tempo real Demo-Taller de DelVJ
Venres 6 de Abril
9:30 Taller de LAMP's, Óscar Casal (GLUG)
12:00 Seguridade en Gateways: Software Libre vs Software privativo, David Martínez Carballo (Symantec | OUSLI)
16:00 Introducción a CakePHP: o PHP fácil, Toni Martínez Carballo (OUSLI)
18:00 Introducción a AJAX & Prototype, Tomás Vilariño (Mancomun | OUSLI)
Sábado 7 de Abril
9:30 Taller de Inkscape [1] : Introducción ó deseño vectorial libre, Denís Fernández (GLUG)
16:00 Traballando no kernel dentro dunha distribución, Juan Quintela Carreira (RedHat kernel-xen Maintainer | MADS Group Universidade da Coruña)
Remitovos a programación provisional das actividades relacionadas co
Software Libre organizadas polos GULs para o XGN.
Mancomun.org - Jesus Arribi - Venres 17:00
A Internet social - Berto Yañez e Daniel Bañobre - Sábado 11:00
Que temos de novo en GNOME e KDE - José Millán e Chema Casanova - Sábado 18:45
Introducción a la programación de GNOME - Carlos García Campos - Sábado 22:00
Adicionalmente ás charlas funcionará un obradoiro permanente no que,
entre outras, desenrolaranse as seguintes actividades:
Obradoiro Aberto 24h.
- Install party permanente
- Obradoiro instalación servidores de rede local
- Obradoiro creación de routers co antiguo Pentium de papá
- Obradoiro GNU/Linux mediacenter
O obradoiro permanecerá aberto a propostas e iniciativas dos
participantes sempre que garden relación coa difusión, a formación e o
potenciamento do Software Libre.
En www.oodocgal.org recopilarase os "comos" e documentación das
diferentes actividades realizadas no obradoiro.
Adicionalmente, queremos recopilar enlaces ós blogues dos participantes
na XGN. Se vas a estar na XGN e tes un blogue, mandanos a sua dirección
para engadila á lista.
Saudos e vémonos na XGN.
O indescifrabel do título significa, que este ano tamén imos ter presenza na XuventudeGalizaNet
Venres 29, Sábado 30 e Domingo 31.
Estaremos no primeiro andar.
Sala 20: Obradoiro Permanente (Novo concepto que significa o que parece)
Sala 22: Charlas-Coloquio. Presentaciós e Reuniós. Todo moi interesante.
Ó longo desta semana, mais durante a mesma XGN, postearemos o devenir das nosas actividades, e esperamos a vosa presenza alomenos pra levaros a maravillosa publicación que preparamos pra este ano. Pra colaborar, asistir ós obradoiros, votar unha man ou portea-los bultos.
Un súdo:
^ΣndΣr^
Preto duns 145 millós de traballos feitos en internet teñen licenza Creative Commons. O número de licenzas estase a duplicar cada 115 días.
Non sei se queda claro...
Fonte: Ourense Sftware Libre (OUSLI)
Artigo da FreeSoftware Magazine(En Inglés)
A repercusión deste tipo de licenzas deixámolo pra outro post. Vou Falar do xeito de darlle licenza CreativeCommons a calquera creación artística.
Archive. org é o lugar onde todo o coñecemento humano e a creación artística liverada ten cabida. Aí vai parar unha copia da túa creación, coa súa correspondente licenza. A efectos legais, é suficiente pra reclamarlle a calquera institución ou persoa os dereitos que tes sobre a túa obra.
Fas un texto, un video, música, ou calquera outra creación artística. Con esta aplicación, só precisas indicarlle o tipo de licenza, e subi-lo arquivo a archive.org (poden ser varios na mesma sesión). A efectos legais, xa tes todo atado. Punto.
Licenzas CreativeCommons
Descarga de ccPublisher
Archive.org
1101011:
^ΣndΣr^
Nos últimos días aparecen varias noticias que pretende darlle outro puxo á liberdade en Internet. E non é que vaian facer Internet máis libre, senon que achegarán a liberdade de Internet a máis persoas.
Trátase de dous sistemas que pretenden facilitar a creación de contidos para Internet desde o noso propio PC. Se esta idea medra, cada ordenador doméstico rematará por convertirse nun servidor, co que a distribución dos contidos pola rede estaría xá un 99% en máns da cidadanía.
Por un lado está Hybrid Share. Pretende ser un xeito de compartir arquivos en Internet, como outras aplicacións P2P, pero coa diferencia de que se empregarían grupos de amigos, en plan mensaxería instantanea para controlar o acceso ós mesmo. Isto nos permitirá compartir arquivos de xeito controlado, de forma similar a como se fai nas redes locais, e sen necesidade de grandes coñecementos técnicos.
Ademáis agora presentan izmi que nos permitirá ter o noso blogue, fotoblogue, podcast… aloxados no noso propio equipo, só arrastrando e soltando os contidos que desexemos publicar.
En realidade este plantexamento "un host, un server" non é novo, pero o que sí é novo é o tipo de tecnoloxía, que achega a idea ó usuario medio. Creo que son tecnoloxías moi interesantes para aplicar en una rede de area metropolitana.
¿Coñecedes máis aplicacións de este tipo?






